Participar para mellorar as traducións
A axuda de GNOME tradúcese grazas á comunidade de voluntarios de todo o mundo, e hai varios idiomas para os que se seguen precisando traducións.
Para comezar a traducir, cree unha conta e únase ao equipo de tradución do seu idioma. Isto daralle a posibilidade de subir traducións novas.
Contacte con outros tradutores de GNOME na sala Matrix #i18n:gnome.org. Consulte a páxina Obter axuda con Matrix para obter máis información. Se o prefire, tamén hai unha canle IRC, #gnome-i18n, no servidor IRC de GNOME. Como as persoas destas salas están situadas en todo o mundo, pode tardar uns minutos en obter unha resposta.
De forma alternativa, pode contactar co Equipo de internacionalización empregando a GNOME Discourse.