Obter axuda con Matrix

Matrix é unha plataforma de chat moderna e de fontes abertas. Como o correo, vostede pode crear unha conta nun dos innumerábeis servidores e usar calquera cliente para conectarse incluíndo os baseados en web.

  1. Escolla un cliente. Matrix mantén unha lista de clientes populares, incluíndo o famoso cliente Element e a aplicación de GNOME Fractal.

  2. Cree unha conta. A maioría dos clientes guiaranlle no proceso e a conta funcionará con calquera cliente de Matrix.

  3. Únase á sala #gnome:gnome.org e pregunte de novo.

Pode atopar máis información, incluíndo como explorar as salas de GNOME, na wiki de GNOME.

Teña en conta o código de conducta de GNOME cando chatea en Matrix ou outras plataformas de GNOME.