IRC
IRC significa Internet Relay Chat. É un sistema de mensaxaría instantánea multiusuario e en tempo real. Pode obter axuda de outros usuarios e desenvolvedores de GNOME no servidor de IRC de GNOME.
Para conectarse ao servidor de IRC de GNOME use Polari ou HexChat.
Para crear unha conta IRC en Polari, consulte a documentación de Polari.
O servidor IRC de GNOME é irc.libera.chat. Se o seu computador está correctamente configurado, pode premer na ligazón irc://irc.libera.chat/gnome para acceder á canle de gnome.
Aínda que IRC é un sistema de conversas en tempo real, a xente non soe responder inmediatamente, polo que sexa paciente.
Teña en conta o código de conducta de GNOME cando chatea en IRC.