Participar para mellorar esta guía

Remitir un informe de erro

Esta documentación foi creada por unha comunidade de voluntarios. Se quere participar é benvido. Se atopa un problema con estas páxinas de axuda (erros ortográficos, instrucións incorrectas, ou temas que se deberían cubrir pero non están), pode enviar un informe de erro. Para informar dun erro, vaia a xestor de problemas.

Debe rexistrarse para abrir un informe de erro e recibir actualizacións por correo electrónico sobre o seu estado. Se aínda non ten unha conta, simplemente prema na ligazón Iniciar sesión / Rexistrarse para crear unha.

Once you have an account, make sure you are logged in, then go back to the documentation issue tracker and click New issue. Before reporting a new issue, please browse for the issue to see if something similar already exists.

Antes de enviar o seu problema, escolla a etiqueta adecuada no menú Etiquetas. Se está a presentar un problema contra esta documentación, debe escoller a etiqueta gnome-help. Se non estás seguro de que compoñente pertence o seu problema, non elixe ningún.

Se está solicitando axuda sobre un tema que crea que non está cuberto, seleccione Caracteristica como etiqueta. Complete as seccións «Título» e «Descrición» e prema Crear incidencia.

A súa incidencia obterá un número de ID, e o seu estado actualizarase a medida que se xestiona. Grazas por axudar a mellorar o proxecto Axuda de GNOME!

Contacte connosco

Contacte con outros editores de documentación de GNOME na sala Matrix #docs:gnome.org. Consulte a páxina Obter axuda con Matrix para obter máis información. Se o prefire, tamén hai unha canle IRC, #gnome-docs, no servidor IRC de GNOME. Como as persoas destas salas están situadas en todo o mundo, pode tardar uns minutos en obter unha resposta.

De forma alternativa, pode contactar co Equipo de internacionalización empregando a GNOME Discourse.

A nosa páxina de wiki contén información útil sobre como pode unirse e contribuír..