Desfacer, refacer e descartar cambios
O Editor de texto de GNOME fai seguimento automático dos cambios feitos mentres edita un ficheiro. Os cambios poden desfacerse e refacerse namentres edita, o que fai moito máis doado arranxar problemas.
Os cambios rexistrados dun ficheiro perderanse despois de pechalo, ou despois de rexeitar os cambios.
Desfacer ou refacer un cambio
Se preme Ctrl+Z desfarase o último cambio feito no ficheiro. Se usa este atallo repetidamente continuará desfacendo os cambios que se fixeron orixinalmente.
Se preme Ctrl+Maiús+Z refarase o último cambio desfeito no ficheiro. Se usa o atallo repetidamente continuaranse refacendo os cambios que foron feitos orixinalmente.
Os cambios poden refacerse só se a operación de edición anterior foi desfacer ou refacer. Por exemplo, mentres escribe o texto nun ficheiro xusto despois de desfacer un cambio fará que non poida refacer o último cambio desfeito.
Rexeitar todos os cambios desde o último gardado
Menú principal ▸ Rexeitar cambios rexeitará todos os cambios feitos nun ficheiro de forma permanente desde o último gardado.