Buscar e substituír

O Editor de texto de GNOME permítelle buscar rapidamente en ficheiros de texto grandes por partes de texto específico. A maioría das veces tamén quererá substituír estas partes de texto.

Buscar texto

  • Active o panel de busca mediante o Menú principal ▸ Buscar/Substituír… ou mediante Ctrl+F.

  • Engada o seu termo de busca no campo de entrada.

  • Levarase a cabo a busca mentres escribe. Agora poderá interactuar cos resultados da busca coas teclas ou ou cos botóns ao carón da entrada.

  • Se preme Intro moverá o cursor ao resultado de busca realzado actualmente.

  • Se preme Escape descartarase o panel de busca e o resultado da busca.

Consellos e trucos de busca

  • Para buscar rapidamente por unha palabra realce a palabra e prema Ctrl+F. A palabra escribirase automaticamente no campo de busca.

  • A busca pode refinarse con opcións adicionais no menú engranaxe.

    • Coincidir só a palabra completa

    • Usar expresións regulares como termos de busca

    • Respectando a capitalización do termo de busca

Substituír texto

  • Active o panel de busca usando o Menú principal ▸ Buscar/Substituír… ou actíveo mediante Ctrl+H.

  • Se abriu o panel de busca mediante o Menú principal debe premer o botón para activar a funcionalidade de substitución.

  • Engada o seu termo de busca que debería substituirse no campo de busca.

  • Engada o seu termo de busca no segundo campo de texto.

  • Levarase a cabo a busca mentres escribe. Agora poderá interactuar cos resultados da busca coas teclas ou ou cos botóns ao carón da entrada.

  • Agora é posíbel substituír só o elemento do resultado da busca actual mediante Substituír ou pode substituír todas as aparicións mediante Substituír todo.