Que significan as iconas da barra superior?

Esta páxina explica o significado das iconas situadas na esquina superior dereita da pantalla. Máis concretamente, descríbense as diferentes variacións das iconas que proporciona o sistema.

Iconas de accesibilidade

Permítelle trocar rapidamente distintas preferencias de accesibilidade.

Indica o tipo de clic que se producirá ao usar o clic do rato.

Iconas de son

Indica o volume dos altofalantes ou cascos.

Os altofalantes ou cascos están enmudecidos.

Indica a sensibilidade do micrófono.

O micrófono está enmudecido.

Iconas de batería

Indica o nivel de batería mentres se está cargando.

A batería está cargada e cargándose.

Indica o nivel de batería mentres se carga a batería.

A batería está completamente cargada e non está cargándose.

Icona de enerxía mostrada en sistemas sen unha batería.

Iconas de Bluetooth

O modo avión está activado. Bluetooth está desactivado cando o modo avión está activado.

Un dispositivo Bluetooth está vinculado e en uso. Esta icona só se mostra cando hai un dispositivo activo, non só cando o Bluetooth está activado.

Iconas de rede

Conexións sen fíos (Wifi)

Modo avión activo. A rede sen fíos está desactivada cando o modo avión está acendido.

Conectándose a unha rede sen fíos.

Indica a forza da conexión dunha rede sen fíos.

Conectado a unha rede sen fíos, pero non ten sinal.

Conectado a unha rede sen fíos. Esta icona só se mostra se non se pode determinar a intensidade do sinal, como cando se conecta a redes ad hoc.

Conectado a unha rede sen fíos, pero non hai ningunha ruta a Internet. Isto podería deberse a unha configuración incorrecta da súa rede ou a unha interrupción do seu fornecedor de servizos de Internet.

Rede móbil (banda larga móbil)

O modo de avión está activado. A rede móbil está desactivada cando o modo avión está activado.

Conectándose a unha rede móbil.

Indica a forza da conexión dunha rede móbil.

Conectado a unha rede móbil, pero non ten sinal.

Conectado a unha rede móbil. Esta icona só se mostra se non se pode determinar a intensidade do sinal, como cando se conecta por Bluetooth. Se se pode determinar a intensidade do sinal, móstrase no seu lugar unha icona de intensidade do sinal.

Conexión cableada

Conectado a unha rede con fíos.

Conectado a unha rede con fíos.

Desconectado da rede.

Conectado a unha rede con cable, pero non hai ningunha ruta a Internet. Isto podería deberse a unha configuración incorrecta da súa rede ou a unha interrupción do seu provedor de servizos de Internet.

VPN (rede privada virtual)

Conectándose a unha rede privada virtual.

Conectado a unha rede privada virtual.

Outras iconas

Indica a disposición do teclado ou o método de entrada en uso. Faga clic para seleccionar outro deseño. O menú de disposición do teclado só se mostra se tes varios métodos de entrada configurados.

Actualmente, unha aplicación está accedendo á túa localización. Podes desactivar o acceso á localización desde o menú.

A luz nocturna cambiou a temperatura da cor da pantalla para reducir a fatiga ocular. Pode desactivar temporalmente a luz nocturna do menú.

Está gravando un «screencast» de toda a súa pantalla.

Unha aplicación está compartindo a pantalla ou outra xanela actualmente.

Conectándose a un dispositivo Thunderbolt, como unha doca.