Capturas de pantalla e «screencast»

  • Captura toda ou parte da pantalla como imaxe

  • Envíeo como un ficheiro ou pégalo desde o portapapeis

  • Garda un vídeo da súa actividade na pantalla

Pode tomar unha imaxe da súa pantalla (unha captura de pantalla) ou gravar un vídeo do que está pasando na súa pantalla (un gravación de pantalla). Isto é útil se quere mostrarlle a alguén como facer algo no seu computador, por exemplo; as capturas/gravacións de pantalla son soamente ficheiros de imaxe ou vídeo normais, de maneira que pódeos enviar por correo ou compartilos na Internet.

Facer unha captura de pantalla

  1. Press the Print key or press the screenshot button in the system menu.

  2. A superposición de capturas de pantalla preséntalle con tiradores para seleccionar a área a capturar e indica o modo de captura de pantalla (imaxe fixa).

    Faga clic no botón do punteiro para incluír o punteiro na captura de pantalla.

  3. Faga clic e arrastre a área que desexe para a captura de pantalla usando as asas ou o punteiro en cruz.

  4. Para capturar a área seleccionada, faga clic no botón redondo grande.

  5. Para capturar a pantalla enteira, prema en Pantalla e despois prema no botón redondo grande.

  6. Para capturar unha xanela, prema en Xanela. Móstrase unha visión xeral de todas as xanelas abertas coa xanela activa marcada. Faga clic para escoller unha xanela e despois faga clic no botón redondo grande.

Onde van?

  • Gárdase automaticamente unha imaxe da captura de pantalla no seu cartafol Imaxes/Capturas de pantalla do seu cartafol persoal cun nome de ficheiro que comeza por Captura e que inclúe a data e hora na que se creou.

  • A imaxe tamén se garda no portapapeis, polo que pode pegala inmediatamente nunha aplicación de edición de imaxes ou compartila nas redes sociais.

  • O vídeo da captura de pantalla gárdase automaticamente no seu cartafol Vídeos/Capturas de pantalla cun nome de ficheiro que empeza por Captura en vídeo da pantalla e inclúe a data e hora na que se creou.

Facer un «Screencast»

Pode facer unha gravación de vídeo do que está producíndose na súa pantalla:

  1. Press the Print key or press the screenshot button in the system menu.

  2. Fai clic en para cambiar ao modo de transmisión de pantalla.

    Faga clic no botón do punteiro para incluír o punteiro na captura de pantalla.

  3. Escolla Selección ou Pantalla. Para a Selección, faga clic e arrastre a área que quere para o screencast usando as asas ou o punteiro en cruz.

  4. Faga clic no botón vermello redondo grande para comezar a gravar o que está na súa pantalla.

    Móstrase un indicador vermello na esquina superior dereita da pantalla cando a gravación está en proceso, mostrando os segundos que pasaron.

  5. En canto remate, prema o indicador na barra superior.

Atallos de teclado

Dentro da función de captura de pantalla, pode usar estes atallos de teclado:

S

Seleccionar área

C

Capturar pantalla

W

Capturar xanela

P

Trocar entre mostrar e ocultar o punteiro

V

Trocar entre captura de pantalla e «screencast»

Intro

Captura, tamén se activa mediante Espazo ou Ctrl+C

Estes atallos pódense usar para evitar a función de captura de pantalla:

Alt+Imp

Captura a xanela que actualmente ten o foco

Alt+F2

Capturar a pantalla completa

Maiús+Ctrl+Alt+R

Comezar a gravar unha captura en vídeo da pantalla