Conectar cunha rede sen fíos

Se ten un computador con unha tarxeta sen fíos que funcione pode conectarse a unha rede sen fíos cercana para obter acceso a Internet, ver ficheiros compartidos en rede e demáis.

  1. Abrir o menú do sistema na parte dereita da barra superior.

  2. Seleccione Wi-Fi. A sección Wifi do menú ampliarase.

  3. Faga clic no nome da rede que queres.

    Se o nome da rede non se mostra, desprácese pola lista. Se segue sen vela, pode que estea fóra da área de cobertura ou pode que a rede estea oculta.

  4. Se a rede está protexida por un contrasinal (chave de cifrado), escriba o contrasinal cando se lle pida e prema Conectar.

    Se non coñece a chave, pode que estea escrita na parte inferior do enrutador sen fíos ou da estación base, no manual de instrucións, ou pode ter que preguntar á persoa que administra a rede sen fíos.

  5. A icona de rede cambiará a súa aparencia segundo o computador tente conectarse á rede.

  6. Se a conexión se realiza correctamente, a icona cambiará a un punto con varias barras enriba (). Máis barras indican unha conexión máis forte á rede. Se non hai moitas barras, a conexión é débil e pode non ser posíbel.

Se non foi posíbel estabelecer a conexión, posibelmente se lle preguntará polo contrasinal de novo ou diráselle que a conexión foi desconectada. Hai varias razóns polas que pode pasar isto. Podería ter escrito un contrasinal incorrecto, o sinal da rede sen fíos pode ser demasiado débil ou a tarxeta sen fíos do seu computador puido ter un problema. Vexa Resolución de problemas en redes sen fíos para obter máis axuda.

Unha conexión máis forte a unha rede sen fíos non significa necesariamente que teña unha conexión a internet máis rápida, ou que terá velocidades de descarga máis rápidas. As conexións sen fíos conectan o seu computador ao dispositivo que fornece a conexión a internet (como un enrutador ou módem), pero as dúas conexións son realmente distintas, polo que terán velocidades distintas.