Conectar a unha rede cableada (Ethernet)

Para configurar a maioría das conexións a redes cableadas, todo o que precisa é conectar un cabo de rede. A icona de rede (preferencias) na barra superior con tres puntos mentres se estabelece a conexión. Os puntos desaparecerán cando estea conectado.

Diagrama dun cable Ethernet

Se isto non se pasa, primeiro debería asegurarse de que o seu cable de rede está conectado. Un final do cable debe estar conectado ao porto de Ethernet (rede) no seu computador, e o outro extremo debería estar conectado nun «switch», enrutador, porto de rede na parede ou algo similar (dependendo na configuración de rede que teña). Normalmente o porto de Ethernet está nos costados dos portátiles ou na preto da parte superior da parte traseira do ordenador de sobremesa. A veces, unha luz embaixo do porto Ethernet indica que está conectado e activo.

Non pode conectar directamente dous computadores con un cabo de rede (cando menos, non sen certa configuración adicional). Para conectar dous computadores, deberá enchufar ambos a un concentrador, enrutador ou conmutador.

Se aínda non está conectado, pode que a súa rede non admita a configuración automática (DHCP). Neste caso que terá que configurala manualmente.