Ancorar as súas aplicacións favoritas ao dash
Para engadir unha aplicación ao dash e poder acceder a el facilmente:
Abra a Vista de actividades premendo Actividades na esquina superior esquerda da pantalla
Prema no botón de grade no panel e busque a aplicación que quere engadir.
-
Prema co botón dereito sobre a icona da aplicación e seleccione Engadir aos favoritos.
De forma alternativa, pode arrastrar a icona sobre o panel lateral.
Para eliminar unha icona de aplicación do taboleiro, prema co botón dereito sobre a icona da aplicación e seleccione Quitar de favoritos.