Por que parece que o que hai na miña pantalla está difuso ou pixelado?

Aresolución da pantalla que está configurada pode non ser a máis axeitada para a súa pantalla. Para arranxar isto:

  1. Abra a vista de Actividades e comece a escribir Pantallas.

  2. Prema en Pantallas para abrir o panel.

  3. Tente algunha das opcións de Resolución e seleccione unha que faga que a pantalla se vexa mellor.

Cando hai varios monitores conectados

Se ten dúas pantallas conectadas ao computador (por exemplo, un monitor normal e un proxector), estas poderían ter unha resolución óptima diferente, ou nativa.

Usando o modo Espello, pode mostrar o mesmo en dúas pantallas. Ambas pantallas usan a mesma resolución, que pode non coincidir coa resolución nativa de ningunha das dúas pantallas, polo que a nitidez da imaxe pode sufrir en ambas as dúas pantallas.

Usando o modo Unir pantallas, a resolución de cada pantalla pódese establecer de forma independente, polo que ambas poden configurarse na súa resolución nativa.