Conectar outro monitor ao seu computador
Configurar un monitor adicional
Para configurar unha pantalla externa ao seu portátil, conecte a pantalla ao seu ordenador. Se o seu sistema non a recoñece inmediatamente, ou se quere axustar a súa configuración:
Abra a vista de Actividades e comece a escribir Pantallas.
Prema en Pantallas para abrir o panel.
-
No diagrama de xestión de pantalla, arrastre as súas pantallas ás posicións relativas que quere.
Os números nun diagrama móstranse na esquina superior esquerda de cada pantalla cando o panel Pantallas.
-
Prema Pantalla principal para seleccionar a súa pantalla primaria.
A pantalla principal é a que ten a barra superior, e onde se mostra a descrición xeral de Actividades.
Faga clic en cada monitor da lista e seleccione a orientación, resolución ou escala e frecuencia de actualización.
Prema Aplicar. A nova configuración aplicarase durante 20 segundos antes de reverterse. Desta forma, se non pode ver nada coa nova configuración a súa antiga configuración restaurarase automaticamente. Se está satisfeito coa nova configuración, prema Manter esta configuración.
Modos de pantalla
Con dúas pantallas, estes son os modos dispoñíbeis:
Unir pantallas: os bordos das pantallas únense polo que as cousas poden pasarse dunha pantalla a outra.
Espello: móstrase o mesmo contido en dúas pantallas, coa mesma resolución e orientación nas dúas.
Cando só se necesita unha pantalla, por exemplo, un monitor externo conectado a un portátil conectado coa tapa pechada, o outro monitor pódese apagar. Na lista, faga clic no monitor que queres desactivar e desactiva o interruptor.
Engadir máis dun monitor
Con máis de dous pantallas só estará dispoñíbel o modo Pantallas unidas.
Prema o botón para a pantalla que quere configurar.
Arrastre as pantallas ás posicións relativas desexadas.