Cambiar a resolución/rotación da pantalla

Pode cambiar como de grandes (ou detalladas), aparecen as cousas na pantalla cambiando a resolución de pantalla. Pode cambiar a maneira na que se mostran as cousas (por exemplo, se ten unha pantalla xiratoria) cambiando a rotación.

  1. Abra a vista de Actividades e comece a escribir Pantallas.

  2. Prema en Pantallas para abrir o panel.

  3. Se ten varias pantallas e non están en espello, pode ter diferentes configuracións en cada unha. Seleccione unha pantalla no área de previsualización.

  4. Seleccione a orientación, resolucón ou escala e seleccione a taxa de refresco.

  5. Prema Aplicar. A nova configuración aplicarase durante 20 segundos antes de reverterse. Desta forma, se non pode ver nada coa nova configuración a súa antiga configuración restaurarase automaticamente. Se está satisfeito coa nova configuración, prema Manter esta configuración.

Orientación

Nalgúns dispositivos, pode xirar fisicamente a pantalla en moitas direccións. Faga clic en Orientación no panel e escolla entre Paisaxe, Retrato á dereita, Retrato á esquerda ou Paisaxe ( volteado).

Se o teu dispositivo xira a pantalla automaticamente, pode bloquear a rotación actual usando o botón bloqueo da rotación situado na parte inferior do menú do sistema. Para desbloquear, preme o botón desbloqueo da rotación

Resolución

A resolución é o número de píxeles (puntos na pantalla) que se mostran en cada dirección. Cada resolución ten unha proporción de aspecto, a proporción entre a altura e a anchura. As pantallas anchas usan unha proporción de aspecto de 16:9, mentres que as tradicionais usan 4:3. Se elixe unha resolución que non coincide coa proporción de aspecto, para evitar distorsión, engadiranse bandas negras superiores e inferiores ou en ámbolos lados da súa pantalla.

Pode seleccionar a opción que prefira no menú despregábel Resolución. Se escolle unha resolución que non sexa axeitada para a súa pantalla é posíbel que a vexa borrosa ou pixelada.

Resolución nativa

A resolución nativa dunha pantalla de portátil ou monitor LCD é a que mellor funciona: os píxeles do sinal de vídeo aliñaranse con precisión cos píxeles da pantalla. Cando se require que a pantalla mostre outras resolucións, é necesaria a interpolación para representar os píxeles, provocando unha perda de calidade da imaxe.

Taxa de refresco

A taxa de refresco é o número de veces por segundo que se debuxa, ou actualiza, a imaxe na pantalla.

Taxa de refresco variábel (VRR)

For smoother visuals and to optimize power consumption you can synchronize monitor's refresh rate with content output.

VRR is different from Adaptive V-Sync (late V-Sync), which dynamically toggles V-Sync based on frame rate.

Taxa de refresco preferida

Specify your preferred refresh rate to maintain optimal visual quality.

Escala

A configuración de escala aumenta o tamaño dos obxectos que se mostran na pantalla para que coincidan coa densidade da túa pantalla, facilitando a súa lectura. Escolla 100 % ou 200 %.