Analizar un cartafol
Os análises de cartafoles individuais son máis rápidos que aqueles dos sistemas de ficheiros completos, polo que podería ser máis eficiente se quere información sobre unha parte específica do seu sistema de ficheiros.
Prema o botón na parte superior dereita da xanela principal e seleccione Analizar cartafol….
Abrirase un diálogo de selección de ficheiros. Elixa o cartafol que desexa analizar.
Prema Abrir para comezar un análise.
O cartafol que acaba de analizar engadirase agora á súa lista de Dispositivos e localizacións. Se o cartafol é renomeado ou eliminado, eliminarase da lista no seguinte inicio do Analizador do uso do disco.