Introdución

O Analizador de uso de disco é unha aplicación gráfica, baseado en menú para o análise de uso de dispositivos de almacenamento. Pode usarse para analizar múltiples dispositivos de almacenamento locais e remotos (incluíndo discos duros, SSDs, chaves USB, cámaras dixitais e tarxetas de memoria). O Analizador de uso de disco pode analizar tanto o árbore de todo o sistema, o seu cartafol Persoal, un cartafol específico solicitado polo usuario ou cartafol remoto.

Os resultados poden ser útiles para decidir que cartafoles poden arquivarse, eliminarse ou moverse para liberar espazo. Tamén pode usar os resultados para estimar canto espazo precisa para facer unha copia de respaldo de cartafoles específicos.