Visualizacións diferentes de gráficas

Por omisión, os resultados da análise mostra cada subcartafol como unha sección dun anel, tendo un ángulo proporcional ao tamaño do cartafol relevante. Os subcartafoles móstranse en diferentes cores, como capas adicionais ao redor dun anel interior.

Movendo o seu rato sobre os gráficos en anel móstrase máis información dos seus cartafoles e subcartafoles.

Pode cambiar a visibilidade da gráfica a Gráfica de vista en árbore usando a lista despregábel na parte superior da gráfica da parte dereita. A disposición en árbore mostra os cartafoles como caixas con tamaños proporcionais.

Tamén pode facer clic nun anel ou caixa para convertelo ao punto de partida do gráfico.