Produciuse un erro ao analizar
Namentres analice pode ver unha mensaxe Non foi posíbel analizar/... ou algúns dos cartafoles que contén na parte superior da xanela de Analizador de uso de disco . Este erro aparece porque non ten os permisos necesarios para acceder a algúns ficheiros debido ás restricións establecidas no sistema de destino. Os ficheiros aos que non pode acceder non se empregarán para calcular o gráfico que representa o uso do disco, polo que o resultado informado pode ser incorrecto.
Non ter acceso a todos os ficheiros e cartafoles ten todo o sentido, polo que non poderá facer nada con este erro.
Analizador do Uso do Disco usa a orde du para crear a vista detallada do uso do almacenamento, e precisa que lle forneza permisos de lectura nos ficheiros e de execución nos cartafoles.
Por outra banda, o uso do disco do sistema de ficheiros usa a orde df que recae no sistema de ficheiros e non nos permisos dos ficheiros.