Usando un alimentador automático de documentos
Se o escáner dispón dun alimentador automático de documentos (ADF) pode escanear todas as páxinas do alimentador cun dos seguintes métodos:
Usar un atallo de teclado
Prema Ctrl+F
Usar a barra de ferramentas
Prema na frecha á dereita do botón Escanear.
-
Seleccione Todas as páxinas do alimentador.

De forma predeterminada, escanearanse ambas as caras dunha folla se o escáner ten esa capacidade. Para dixitalizar só un dos lados:
Prema o botón de menú na esquina superior dereita da xanela e seleccione Preferencias.
Seleccione Dixitalizar.
Cambie o valor de Dixitalizar lados.
-
Peche o diálogo.
