Rotar unha páxina

Pode cambiar a rotación da páxina antes ou despois do escaneamento. Actualmente existen catro formas de rotar unha páxina:

Usar a barra de ferramentas

  1. Seleccione a páxina que desexa rotar premento nela unha vez.

  2. Prema nas frechas da barra de ferramenas para rotar a páxina na dirección desexada.

Usar clic dereito

  1. Faga clic dereito na páxina que desexa rotar.

  2. Seleccionar Rotar á esquerda ou Rotar á dereita.

Usar atallos

  1. Seleccione a páxina que desexa rotar premento nela unha vez.

  2. Prema nunha das seguintes teclas de atallo:

    Orde

    Tecla de atallo

    Rotar á esquerda

    [ (corchete esquerdo)

    Rotar á dereita

    ] (corchete dereito)

Cada nova páxina escaneada usará a rotación anterior.