Escanear unha páxina

Para escanear un documento no escáner:

  1. Conecte o escáner ao computador e encéndao.

  2. Abrir o Escáner de documentos.

  3. Prema na frecha á dereita do botón Escanear.

  4. Seleccione o tipo de documento que está dixitalizando: Texto ou Imaxe.

  5. Prema no botón «Escanear» na barra de ferramentas (ou prema Ctrl+1).

A páxina mostrarase mentres é escaneada. Para deter o escaneamento en calquera momento prema Esc no teclado. Cada páxina que escanee situarase ao final do documento.

Para cambiar a calidade da páxina dixitalizada vexa Estabelecendo a resolución do escáner.