Gardar nun ficheiro

  1. Prema no botón Gardar documento a un ficheiro na barra superior da xanela (ou prema Ctrl+S).

  2. Seleccione un dos tipos permitidos ou simplemente cambie a extensión no campo Nome.

  3. Prema o botón Gardar

Tipos de ficheiros permitidos

Tipo

Descrición breve

PDF

Un ficheiro PDF contén varias páxinas, igual que un libro e é doado de distribuír. Só un pequeno número de programas Linux pode modificar documentos PDF, por iso este formato é máis recomendábel para arquivar. O tamaño do documento PDF está condicionado pola calidade da imaxe. Vexa a páxina da wikipedia sobre PDF para obter máis información.

JPEG

O JPEG é o formato de ficheiro usado por cámaras dixitais para gardar imaxes. Un ficheiro JPEG é relativamente pequeno, fácil de distribuír e axeitado para enviar ás redes sociais. A maioría de sistemas operativos trae un editor de JPEG de forma predeterminada. Se escaneou varias páxinas crearase un ficheiro JPEG por cada páxina. Use este tipo de ficheiro se desexa modificar ou enviar imaxes escaneadas. O tamaño do ficheiro JPEG está determinado pola calidade da imaxe. Vexa a páxina da JPEG na wikipedia para obter máis información.

PNG

Os ficheiros PNG conteñen os datos sen procesar do escáner. Isto fainos moi longos e non axeitados para a distribución. Se escaneou varias páxinas, crearase un ficheiro PNG con cada unha delas. Vexa PNG Wikipedia page para obter máis información.