Crear listas de reproducións usando artistas
Pode ver todos os artistas e as súas cancións premendo sobre o botón Artistas.
Para crear unha nova lista de reprodución mentres están a vista Artistas:
Prema no botón de comprobación na parte superior dereita da xanela.
Seleccione todos os artistas cuxas cancións quere engadir á lista de reprodución.
Prema no botón Engadir á lista de reprodución.
Prema en Nova lista de reprodución e escriba un nome para a súa lista de reprodución.
Prema en Seleccionar.
Para seleccionar todas as cancións prema Prema nos elementos para seleccionalos ▸ Seleccionar todos desde a barra de ferramentas ou prema Ctrl+A.
Para limpar a selección prema Prema nos elementos para seleccionalos ▸ Deseleccionar todos na barra de ferramentas.