Crear unha lista de reprodución usando álbums
Pode ver todo os álbums premendo sobre o botón Álbums.
Para engadir todas as cancións nun álbum:
Prema no botón de comprobación na parte superior dereita da xanela.
Seleccione os álbums.
Prema no botón Engadir á lista de reprodución.
Prema en Nova lista de reprodución e escriba un nome para a súa lista de reprodución.
Prema en Seleccionar.
Amén pode crear unha lista de reprodución desde cancións específicas.
Para engadir as cancións seleccionadas desde un álbum:
Prema no álbum.
Prema no botón de comprobación.
Seleccione as cancións.
Prema no botón Engadir á lista de reprodución.
Prema en Nova lista de reprodución e escriba un nome para a súa lista de reprodución.
Prema en Seleccionar.
Para seleccionar todas as cancións prema Prema nos elementos para seleccionalos ▸ Seleccionar todos desde a barra de ferramentas ou prema Ctrl+A.
Para limpar a selección prema Prema nos elementos para seleccionalos ▸ Deseleccionar todos na barra de ferramentas.