Configurar unha impresora local
O seu sistema pode recoñecer moitos tipos de impresoras automaticamente unha vez conectadas. A maioría das impresoras están conectadas cun cable USB que se conecta ao teu ordenador, pero algunhas impresoras conéctanse á túa rede con cable ou sen fíos.
Se a súa impresora está conectada á rede, non se configurará de maneira automática – pode engadila desde o panel de Impresoras nas Preferencias.
Asegúrese que a impresora está acendida.
Conecte a impresora ao seu sistema mediante un cabo axeitado. Pode ver a actividade na pantalla, cando o sistema busca os controladores, e pode que se lle pida que se autentique para instalalos.
Aparecerá un mensaxe cando o sistema remate de instalar a impresora. Seleccione Imprimir unha páxina de proba para imprimir unha páxina de proba, ou Opcións para facer cambios adicionais na configuración da impresora.
Se a súa impresora non se configurou de maneira automática, pode engadila desde as preferencias da impresora:
Abra a vista de Actividades e comece a escribir Impresoras.
Prema Impresoras.
Dependendo do seu sistema, podería ter que premer Desbloquear na esquina superior dereita e escribir o seu contrasinal cando se lle pregunte.
Prema o botón Engadir impresora….
-
Na xanela emerxente, seleccione a súa impresora nova e prema Engadir.
Se a súa impresora non se descobre automaticamente, pero coñece o seu enderezo de rede, Escríbaa no campo de texto na parte inferior do diálogo e prema Engadir
Se a súa impresora non aparece na xanela Engadir impresora, pode precisar instalar os controladores da impresora.
Despois de instalar a impresora pode querer cambiar a súa impresora predeterminada.