Estabelecer a impresora predeterminada
Se ten máis dunha impresora dispoñíbel, pode seleccionar a que será a súa impresora predeterminada. É posíbel que queira elixir a impresora que usa con máis frecuencia.
Necesita privilexios de administrador do sistema para estabelecer a impresora predeterminada.
Abra a vista de Actividades e comece a escribir Impresoras.
Prema Impresoras.
Dependendo do seu sistema, podería ter que premer Desbloquear na esquina superior dereita e escribir o seu contrasinal cando se lle pregunte.
Prema o botón
localizado ao carón da impresora.
Seleccione a caixa de verificación Usar impresora por omisión.
Ao imprimir nunha aplicación, a impresora predeterminada emprégase automaticamente, a non ser que elixa unha impresora diferente.