Propiedades do ficheiro

Prema co botón dereito sobre un ficheiro e seleccione Propiedades.

A xanela de propiedades do ficheiro móstralle información como o tipo de ficheiro, o tamaño do ficheiro e cando foi modificado por última vez. Se usa esta información a miúdo, pode facer que se mostre na visualización en lista con columnas ou nas lendas das iconas.

For certain types of files, such as images and videos, there will be an extra Properties entry that provides information like the dimensions, duration, and codec.

For the Permissions entry see Estabelecer os permisos dun ficheiro.

Propiedades básicas

Nome

O nome dun ficheiro ou cartafol.

Para renomear un ficheiro vexa Renomear un ficheiro ou cartafol.

Tipo

Isto axúdalle a identificar o tipo de ficheiro, como un documento PDF, texto OpenDocument, ou imaxe JPEG. O tipo de ficheiro determina que aplicacións poden abrir o ficheiro, entre outras cousas. Por exemplo, non pode abrir unha imaxe con un reprodutor de música. Vexa Abrir ficheiros con outras aplicacións para obter máis información.

To change the default application to open a file type, see Seleccione a localización onde gardar o ficheiro.

Contido

Este campo móstrase se está buscando polas propiedades dun cartafol. Axudaralle a ver o número de elementos dun cartafol. Se o cartafol ten outros cartafoles, cada un deles contarase como un só elemento, incluso se conteñen máis elementos dentro. Tamén se contará cada ficheiro unha sola vez. Se un cartafol está baleiro, os contidos mostrarán ningún.

Tamaño

Este campo móstrase se está ollando un ficheiro (e non un cartafol). O tamaño dun ficheiro permítelle ver cando espazo de disco está empregando. Isto tamén é un indicador de canto tempo lle levará descargar un ficheiro ou envialo por correo electrónico (leva máis tempo enviar/recibir ficheiros máis grandes).

Os tamañs pódense dar en bytes, KB, MB ou GB; nos tres últimos casos, o tamaño en bytes aparece entre parénteses. Técnicamente, 1KB son 1024 bytes, 1MB son 1024 KB e así sucesivamente.

Espazo libre

Isto só se mostra para os cartafoles. Indica a cantidade total de espazo dispoñíbel no disco no que se atopa o cartafol. É útil para comprobar se o disco duro está cheo.

Cartafol pai

A localización de cada ficheiro do seu computador é fornecida pola súa ruta absoluta. Isto é un «enderezo» único do ficheiro no seu computador, composto por unha lista dos cartafoles polos que debe navegar para atopar un ficheiro. Por exemplo se Serafina creou un ficheiro co nome Resumo.pdf no seu cartafol persoal, a súa localización será /home/serafina/Resumo.pdf.

Accedido

Data e hora da última apertura do ficheiro.

Modificado

Data e hora da última vez que se cambiou e gardou o ficheiro.

Creado

A data e hora da creación do ficheiro.