Renomear un ficheiro ou cartafol

Ao igual que con outros xestos de ficheiros, pode usar Ficheiros para cambiar o nome dun ficheiro ou dun cartafol.

Renomear un ficheiro ou cartafol:

  1. Prema co botón dereito sobre un elemento e seleccione Renomear, ou seleccione o ficheiro e prema F2.

  2. Escriba o novo nome e prema Intro ou prema Renomear.

Cando cambia o nome dun ficheiro, só se selecciona a primeira parte do nome dese ficheiro, sen a extensión (a parte que vai detrás do .). A extensión normalmente representa o tipo de ficheiro (p.ex. ficheiro.pdf é un documento PDF), e normalmente non quererá cambiala. Se precisa cambiar a extensión tamén, seleccione o nome completo do ficheiro e cámbieo.

If you renamed the wrong file, or named your file improperly, you can undo the rename. To revert the action, immediately click the menu button in the sidebar and select Undo Rename, or press Ctrl+Z, to restore the former name.

Caracteres válidos para os nomes de ficheiro

Podes usar calquera carácter excepto o carácter / (barra diagonal) nos nomes de ficheiros. Porén, algúns dispositivos usan un sistema de ficheiros que ten máis restricións sobre os nomes de ficheiros. Polo tanto, é recomendable evitar os seguintes caracteres nos nomes dos ficheiros: |, \, ?, * ficheiro>, <, ", :, >, /.

Se nomea a un ficheiro cun . como primeiro carácter, o ficheiro estará oculto cando tente velo no xestor de ficheiros.

Problemas comúns

O nome xa está en uso

Non pode ter dous ficheiros ou cartafoles co mesmo nome no mesmo cartafol. Se ao cambiar o nome a un ficheiro tenta asignarlle un que xa existe no cartafol onde está traballando, o xestor de ficheiros non se llo permitirá.

Os nomes de ficheiros e cartafoles son sensíbeis a maiúsculas, polo que o nome Ficheiro.txtnon é o mesmo que FICHEIRO.txt. USar nomes diferentes como estes está permitido, pero non é recomendábel.

O nome do ficheiro é demasiado largo

Nalgúns sistemas de ficheiros, os nomes de ficheiros non poden ter máis de 255 caracteres. Este límite de 255 caracteres inclúe tanto o nome do ficheiro como a ruta do ficheiro (p.ex. /home/galego/Documentos/traballo/propostas-traballo/… ), polo que debería evitar nomes longos en ficheiros e cartafoles cando sexa posíbel.

A opción para renomear está en gris

Se a opción Renomear aparece en color gris, é que non ten os permisos necesarios para renomear o ficheiro. Debe ter coidado ao tratar de renomear estes ficheiros, xa que cambiar o nome a ficheiros protexidos pode causar problemas ou facer que o seu sistema se volva inestábel. Consulte a Estabelecer os permisos dun ficheiro para obter máis información.