Recuperar un ficheiro eliminado

Se elimina un ficheiro co xestor de ficheiros, normalmente enviase ao Lixo, e debería poder recuperalo.

Para restaurar un ficheiro do lixo:

  1. Abra a vista de Actividades e comece a escribir Ficheiros.

  2. Prema en Ficheiros para abrir o xestor de ficheiros.

  3. Click Trash in the sidebar. If you do not see the sidebar, press the Show Sidebar button in the top-left corner of the window.

  4. Se o seu ficheiro eliminado está alí, faga clic nel e selecciona Restaurar do lixo. Restaurarase no cartafol de onde foi eliminado.

Se eliminou un ficheiro premendo Maiús+Suprimir, ou usando a liña de ordes, o ficheiro foi eliminado de forma permanente. Os ficheiros eliminados permanentemente non recuperarse do Lixo.

Hai unha serie de ferramentas de recuperación dispoñibles que ás veces son capaces de recuperar ficheiros que foron eliminados permanentemente. Non obstante, estas ferramentas xeralmente non son moi fáciles de usar. Se eliminou accidentalmente un ficheiro permanentemente, probablemente sexa mellor pedir consello nun foro de asistencia para ver se pode recuperalo.