Eliminar ficheiros e cartafoles
Se xa non quere un ficheiro ou cartafol, pode eliminalo. Cando elimina un elemento, móvese ao cartafol Lixo, onde se garda ate que o baleire. Pode restaurar elementos desde o Lixo á súa localización orixinal se decide que os precisa, ou se os eliminou accidentalmente.
Cortar e pegar ficheiros (para movelos)
Seleccione o elemento que quere eliminar premendo sobre el unha vez.
Prema Supr no seu teclado. Alternativamente, arrastre o elemento até o Lixo na barra lateral.
O ficheiro moverase á papeleira e presentarase unha opción para Desfacer a eliminación. O botón Desfacer aparecerá durante uns segundos. Se selecciona Desfacer, o ficheiro restaurarase á súa localización orixinal.
Para eliminar ficheiros permanentemente e liberar espazo no computador, debe baleirar o lixo. Para baleirar o lixo, prema co botón dereito no Lixo na barra lateral e seleccione Baleirar lixo.
Eliminar de forma permanente un ficheiro
Pode eliminar un ficheiro permanentemente de forma inmediata, sen telo que enviar primeiro ao lixo.
Eliminar de forma permanente un ficheiro:
Seleccione o elemento que quere eliminar.
Prema e manteña a tecla Maiús e logo prema a tecla Suprimir no seu teclado.
Xa que non é posíbel desfacer isto, preguntaráselle se quere eliminar o ficheiro ou cartafol.
Os ficheiros eliminados nun dispositivo extraíbel poden non ser visíbeis noutros sistemas operativos, tales como Windows ou Mac OS. Os ficheiros seguen aí, e estarán dispoñíbeis cando conecte o dispositivo de novo no seu computador.