Retirar unha conta
Pode eliminar unha conta en liña que xa non quere usar.
Moitos servizos en liña fornecen un token de autorización que almacena o seu escritorio en lugar do seu contrasinal. Se elimina unha conta, tamén deberías revogar ese certificado no servizo en liña. Isto garantirá que ningunha outra aplicación ou sitio web poida conectarse a ese servizo mediante a autorización do seu escritorio.
Como revocar a autorización dependerá do fornecedor do servizo. Comprobe as súas preferencias no sitio do fornecedor para autorizar ou conectar aplicacións ou sitios. Olle por unha aplicación chamado «GNOME» e elimíneo.
Abra a vista de Actividades e comece a escribir Contas en liña.
Prema Contas en liñla para abrir o panel.
Seleccione a conta que quere eliminar.
Prema o botón - na parte inferior esquerda da xanela.
Prema Quitar no diálogo de confirmación.
No lugar de retirar a conta completamente, é posíbel restrinxir os servizos aos que accede o seu escritorio.