Controle que servizos en liña dunha conta poden usarse para acceder

Algúns tipos de provedores de contas en liña permiten acceder a varios servizos coa mesma conta de usuario. Por exemplo, as contas de Google fornecen acceso a calendario, correo electrónico e contactos. Pode querer usar a súa conta para algúns servizos, pero non outros. Por exemplo, pode que queira usar a súa conta de Google para o correo electrónico pero non calendario se ten unha conta en liña diferente que usa para o calendario.

Pode desactivar algúns servizos fornecidos por cada servizo en liña:

  1. Abra a vista de Actividades e comece a escribir Contas en liña.

  2. Prema Contas en liñla para abrir o panel.

  3. Seleccione a conta que quere cambiar da lista da dereita.

  4. A lista dos servizos servizos dispoñíbeis con esta conta mostraranse baixo Usar esta conta para. Vexa Servizos en liña e aplicacións para ver que aplicacións acceden a estos servizos.

  5. Desactive calquera dos servizos que non quere que sexan usados.

Unha vez que teña desactivado un servizo para unha conta, as aplicacións do seu computador non poderán usar a conta para volver a conectarse a este servizo.

Para activar un servizo para teña desactivado, volva ao panel Contas en liña e actíveo.