Usar uns altofalantes ou cascos distintos
Pode usar altofalantes externos ou auriculares co seu computador. Os altofalantes normalmente tanto conectándoos usando un conector TRS circular (tip, ring, sleeve) ou un USB.
Se os seus altofalantes ou auriculares teñen un conector TRS, conécteo no zócalo do seu equipo. A maioría dos computadores teñen dous zócalos: un para micrófono e outro para os altofalantes. Este zócalo normalmente é de cor vermella e está acompañado dunha imaxe duns auriculares. Os altofalantes ou auriculares conectados ao zócalo TRS úsanse normalmente de forma predeterminada. Se non é así, vexa as instrucións embaixo para ver como seleccionar o dispositivo predeterminado.
Algúns ordenadores admiten saídas multicanle para son envolvente. Isto xeralmente usa varias tomas TRS, que adoitan estar codificadas por cores. Se non está seguro de que enchufes van en que tomas, pode probar a saída de son na configuración de son.
Se ten uns altofalantes ou uns auriculares USB, ou uns auriculares analóxicos enchúfeos en calquera porto USB. Os altofalantes USB actúan como dispositivos de son separados, e pode ter que especificar que altofalantes usar de maneira predeterminada.
Seleccione un dispositivo de entrada de son predeterminado
Abra a vista de Actividades e comece a escribir Son.
Prema en Son para abrir o panel.
Na secicón Saída, seleccione o dispositivo que quere usar.
Use o botón Probar para comprobar que todos os altofalantes funcionan e están conectados á toma correcta.