Usan un micrófono diferente
Pode empregar un micrófono externo para conferencias de son, gravacións de voz ou o uso de outras aplicacións multimedia. Incluso se o seu equipo ten un micrófono ou unha cámara web con micrófono, un micrófono separado podería fornecer unha mellor calidade de son.
Se o seu micrófono ten un enchufe circular, só ten que conéctalo á toma de audio axeitada do seu ordenador. A maioría dos ordenadores teñen dúas tomas: unha para micrófonos e outra para altofalantes. Este enchufe adoita ser de cor vermella clara ou vai acompañado dunha imaxe dun micrófono. Os micrófonos conectados á toma axeitada adoitan utilizarse por defecto. Se non, consulte as instrucións a continuación para seleccionar un dispositivo de entrada predeterminado.
Se ten un micrófono USB, conécteo en calquera porto USB do seu computador. Os micrófonos USB actúan como dispositivos de son separados, e pode ter que especificar que micrófono usar de maneira predeterminada.
Seleccione un dispositivo de entrada de son diferente
Abra a vista de Actividades e comece a escribir Son.
Prema en Son para abrir o panel.
Na sección Entrada, seleccione o dispositivo que quere utilizar. O indicador de nivel de entrada debe responder cando fale.
Pode axustar o volume e trocar o micrófono desde este panel.