A vida estimada da batería é incorrecta

Cando comprobe a batería que lle falta, pode atopar que o tempo que indican os reportes que falta é diferente do que realmente lle queda á batería. Isto é porque a cantidade de batería que falta só é unha estimación. Normalmente, as estimacións melloran co paso do tempo.

Para estimar a batería que falta, téñense en conta varios factores. Un deles é a cantidade de enerxía que está consumindo o computador: o consumo de enerxía varía dependendo dos programas que teña aberto, os dispositivos que teña conectados, e se está executando calquera tarefa intensiva (como vendo vídeo en alta resolución ou convertendo ficheiros de música, por exemplo). Isto pode cambiar dun momento a outro polo que é difícil facer unha predición.

Outro factor é como se descarga unha batería. Algunhas baterías perden carga moito máis rápido canto máis valeiras estean. Se o coñecemento preciso de como se descarga a batería, só se pode facer unha estimación aproximada da carga de batería que falta.

Mentres se descarga a batería, o xestor de batería adiviñará as súas propiedades de descarga e aprenderá como facer mellor estimacións da vida da batería. Aínda que nunca serán completamente exactas.

Se obtén unha estimación de batería completamente ridícula (digamos, centos de días), o xestor de enerxía probabelmente estea omitindo algún dato que precisa para facer unha mellor estimación.

Se desconecta a enerxía e ten o portátil empregando a batería por un tempo, e logo conecta para recargalo de novo, o xestor de enerxía debería saber obter os datos que precisa.