Configurar a suspensión automática
Pode configurar o seu ordenador para que se suspenda automaticamente cando está inactivo. Pódense especificar diferentes intervalos para funcionar con batería ou conectarse.
Abra a vista de Actividades e comece a escribir Enerxía.
Prema Enerxía para abrir o panel.
Na sección Opcións de aforro de enerxía, prema Suspensión automática.
-
Escolla Con batería ou Enchufado, active o interruptor e seleccione un Atraso. Ambas opcións pódense configurar.
Nun computador de escritorio, hai unha opción coa etiqueta Cando estea en repouso.