Conectar a unha rede sen fíos oculta

É posible configurar unha rede sen fíos para que estea «oculta». As redes ocultas non aparecerán na lista de redes sen fíos que se mostran na configuración de rede . Para conectarse a unha rede sen fíos escondida:

  1. Abrir o menú do sistema na parte dereita da barra superior.

  2. Seleccione Wifi. A sección Wifi do menú ampliarase.

  3. Prema en Todas as redes.

  4. Prema o botón de menú na esquina superior dereita da xanela e seleccione Conectar á rede oculta….

  5. Na xanela que aparece, seleccione unha rede oculta previamente conectada usando a lista despregábel Conexión, ou Nova para unha nova.

  6. Para unha nova conexión, escriba o nome da rede e escolla o tipo de seguridade sen fíos da lista despregable Seguranza Wifi.

  7. Escriba o contrasinal ou outra información de seguridade.

  8. Prema Conectar.

Debe comprobar as configuracións da estación base sen fíos ou enrutador para ver cal é o nome da rede. Se non ten o nome da rede (SSID), pode usar o BSSID (Basic Service Set Identifier), que se asemella a algo como isto: 02:00:01:02:03:04 e pode atoparse normalmente na parte inferior do punto de acceso.

Debe comprobar a configuración de seguranza do punto de acceso sen fíos. Busque termos como WEP e WPA.

Pode pensar que ao ocultar a súa rede sen fíos mellorará a seguranza previndo que outras persoas non saiban como conectarse a ela. Na práctica este non é o caso. A rede é un pouco máis difícil de atopar pero aínda se pode detectar.