Outros usuarios non poden editar as conexións de rede

Se pode editar unha conexión de rede pero outros usuarios no seu computador non poden, o máis seguro é que vostede fixera esa conexión dispoñíbel para todos os usuarios. Isto fai que todos os usuarios do seu computador poidan conectarse empregando esa conexión.

  1. Abra a vista de Actividades e comece a escribir Rede.

  2. Prema en Rede para abrir o panel.

  3. Seleccione Wifi desde a lista da esquerda.

  4. Prema o botón preferencias para abrir os detalles da conexión.

  5. Seleccione Identidade desde o panel da esquerda.

  6. Na parte inferior do panel Identidade, marque Facer dispoñíbel para todos os usuarios para permitirlle a outros usuarios usar a conexión de rede.

  7. Prema Aplicar para gardar os cambios.