Crear unha conexión cunha enderezo IP fixo

A maioría das redes asignan automaticamente un enderezo IP e outra información que o seu computador precisa para conectarse á rede. Esta información pode cambiar de forma periódica, porén vostede querer ter un enderezo IP fixo para un computador para que sempre saiba en que enderezo está (por exemplo, un servidor de ficheiros).

Buscar o seu enderezo IP externo de Internet:

  1. Abra a vista de Actividades e comece a escribir Rede.

  2. Prema en Rede para abrir o panel.

  3. Busque a conexión de rede que quere ter un enderezo fixo. Faga clic no botón preferencias xunto á conexión de rede. Para unha conexión Wi-Fi, o botón preferencias situarase xunto á rede activa.

  4. Seleccoine a lapela IPv4 ou IPv6 e cambie o Método a Manual.

  5. Escriba o Enderezo IP e a Pasarela, así como a Máscara de rede adecuada.

  6. Na sección DNS, desactive o interruptor Automático. Introduza o enderezo IP do servidor DNS que quere utilizar. Introduza enderezos de servidor DNS adicionais usando o botón +.

  7. Na sección Rutas, desactive o interruptor Automático. Escriba o Enderezo, a Máscara de rede, a Pasarela e a Métrica para a ruta que quere utilizar. Introduza rutas adicionais usando o botón +.

  8. Faga clic en Aplicar. A conexión de rede agora debería ter un enderezo IP fixo.