Cal é o meu enderezo IP?
«Enderezo IP» significa Enderezo de Protocolo Internet, e cada dispositivo que se conecta a unha rede (así como a Internet) ten unha.
Un enderezo IP parécese ao seu número de teléfono. O seu número de teléfono é un conxunto único de números que identifican ao seu teléfono de forma que outra persoa poida chamalo. Igualmente, un enderezo IP é un conxunto único de números que identifican ao seu computador de forma que pode enviar e recibir datos cara e desde outros computadores, respectivamente.
Actualmente, a maioría dos enderezos IP constan de catro conxuntos de números separados por un punto. 192.168.1.42 é un exemplo dun enderezo IP.
Un enderezo IP pode ser dinámico ou estático. Os enderezos IP dinámicos son asignados temporalmente cada vez que o seu computador se conecte a unha rede. Os enderezos IP estáticos son fixos, e non cambian. Os enderezos IP dinámicos son máis comúns que os estáticos — os enderezos estáticos son usados normalmente cando hai algunha necesidade especial, como para administrar un servidor.