Atallos de teclado útiles
Para cambiar as teclas que premer para un atallo de teclado:
Abra a vista de Actividades e comece a escribir Preferencias.
Prema en Preferencias.
Prema Teclado na barra lateral para abrir o panel.
Na sección Atallos de teclado, seleccione Ver e personalizar os atallos.
Seleccione a categoría desexada ou escriba un termo de busca.
Prema a fila da acción desexada. Mostrarase a xanela Estabelecer atallo.
Manteña premida a combinación de teclas desexada ou prema Retroceso para restablecer ou prema Esc para cancelar.
Atallos de edición comúns
Hai unha serie de atallos preconfigurados que se poden cambiar, agrupados nestas categorías:
Opcións personalizadas
Para crear o seu propio atallo de teclado da aplicación nas preferencias de Teclado:
Seleccione Atallos de teclado personalizados.
Prema o botón Engadir atallo se non se estabeleceu un atallo personalizado. En caso contrario prema o botón +. Aparecerá a xanela Engadir atallo personalizado.
Escriba un Nome para identificar o atallo, Orde para executar unha aplicación. Por exemplo, se quere que o atallo abra Rhythmbox, pode chamalo Música e usar a orde rhythmbox.
Faga clic no botón Engadir atallo…. Na xanela Engadir atallo personalizado, manteña premida a combinación de teclas de atallo desexada.
Prema Engadir.
O nome da orde que escriba debe ser unha orde do sistema válido. Pode comprobar que a orde funciona abrindo un terminal e escribíndoo nela. A orde que abre unha aplicación pode non ter o mesmo nome que a propia aplicación.
Se queres cambiar o comando que está asociado a un atallo de teclado personalizado, faga clic na fila do atallo. Aparecerá a xanela Establecer atallo personalizado e pode editar o comando.