Que é GNOME Clásico?

GNOME Clásico é unha característica para os usuarios que prefiren unha experiencia de escritorio máis tradicional. Aínda que GNOME Clásico basease nas tecnoloxías de GNOME, fornece un gran número de cambios na interface, como os menús Aplicacións e Lugares na barra superior e unha lista de xanelas na parte inferior da pantalla.

Pode usar o menú Aplicacións da barra superior para iniciar aplicacións.

Lista de xanelas

A lista de xanelas na parte inferior da pantalla fornece acceso a todas as xanelas e aplicacións abertos e permítelle minimizar e restauralos de forma rápida.

Abra a vista de Actividades premendo o botón na na parte esquerda da lista de xanelas na parte inferior.

Para acceder á vista de Actividades, tamén pode premer a tecla Super.

Na parte dereita da lista de xanelas, GNOME mostra un identificador curto para o espazo de traballo actual, como un 1 para o primeiro (superior) espazo de traballo. Ademais, o identificador tamén mostra o número total de espazos de traballo. Para cambiar a un espazo de traballo diferente, prema no identificador e seleccione o espazo de traballo que quere usar desde o menú.

Cambiar a ou desde GNOME Clásico

GNOME Clásico só está dispoñíbel en sistemas que teñen instaladas certas extensións de GNOME Shell. Algunhas distribucións Linux poderían non telas dispoñíbeis ou instaladas por omisión.

Para cambiar de GNOME a GNOME Clásico:

  1. Garde calquera traballo aberto e logo saia da sesión. Prema no menú do sistema na parte dereita da barra superior e logo escolla a opción correcta.

  2. Aparecerá unha mensaxe de confirmación. Seleccione Saír da sesión para confirmar.

  3. Na pantalla de inicio de sesión, seleccione o seu nome de usuario da lista.

  4. Prema o botón preferencias na esquina inferior dereita.

  5. Seleccione GNOME Clásico desde a lista.

  6. Escriba o seu contrasinal na caixa de entrada de contrasinal.

  7. Prema Intro.

Para cambiar de GNOME Cláisco a GNOME:

  1. Garde calquera traballo aberto e logo saia da sesión. Prema no menú do sistema na parte dereita da barra superior, prema no seu nome e logo seleccione a opción axeitada.

  2. Aparecerá unha mensaxe de confirmación. Seleccione Saír da sesión para confirmar.

  3. Na pantalla de inicio de sesión, seleccione o seu nome de usuario da lista.

  4. Prema a icona de opcións na esquina inferior dereita.

  5. Seleccione GNOME desde a lista.

  6. Escriba o seu contrasinal na caixa de entrada de contrasinal.

  7. Prema Intro.