Explorar ficheiros e cartafoles

Use a aplicación Ficheiros para navegar polos ficheiros do seu cartafol persoal, en dispositivos externos, en servidores de ficheiros e no sistema de ficheiros do seu computador.

Navegue polos ficheiros seleccionando a aplicación Ficheiros desde a vista de Actividades. Ou, busque cartafoles e dispositivos na vista do mesmo xeito que vostede busca por aplicacións.

Explorar o contido dos carafoles

No xestor de ficheiros, prema dúas veces sobre calquera cartafol para ver os seus contidos e prema dúas veces ou clic co botón medio sobre calquera ficheiro para abrilo coa aplicación predeterminada para dito ficheiro. Se usa o botón medio o cartafol abrirase nunha lapela nova. Tamén pode premer co botón dereito sobre el para abrilo nunha nova lapela ou nunha nova xanela.

Ao examinar os ficheiros nun cartafol pode previsualizar rapidamente cada ficheiro rapidamente premendo a barra espaciadora para asegurarse de que ten o ficheiro correcto antes de abrilo, copialo ou eliminalo.

A barra de ruta sobre a lista de ficheiros e cartafoles móstralle o cartafol que está vendo, incluíndo os cartafoles superiores ate o seu cartafol persoal, a raíz do dispositivo extraíbel ou a raíz do seu sistema de ficheiros. Prema no cartafol superior na barra de ruta para ir a dito cartafol. Prema co botón dereito sobre a barra de ruta para abrilo nunha lapela ou xanela nova, ou para acceder ás súas propiedades.

Se quere buscar rapidamente un ficheiro, dentro ou debaixo do cartafol que está a ver, comece a escribir o seu nome. Aparecerá unha barra de busca na parte superior da xanela e só se mostrarán os ficheiros que coincidan coa súa busca. Prema Esc para cancelar a busca.

You can quickly access common places from the sidebar. If you do not see the sidebar, press the Show Sidebar button in the top-left corner of the window. You can add bookmarks to folders that you use often and they will appear in the sidebar.