Previsualizar ficheiros e cartafoles

Pode previsualizar ficheiros rapidamente sen abrilos nunha aplicación completa. Seleccione un ficheiro e prema a barra espaciadora. O ficheiro abrirase nunha xanela simple de vista previa. Prema a barra espaciadora de novo para pechar a vista previa.

A vista previa admite a maioría dos formatos de ficheiro para documentos, imaxes, vídeo e son. Na vista previa pode desprazarse polos seus documentos ou buscar a través dos seus vídeos e ficheiros de son.

Para ver unha vista previa a pantalla completa, prema F ou F11. Prema F ou F11para saír do modo a pantalla completa, ou prema a barra espaciadora para saír por completo da vista previa.