Buscar ficheiros

Pode buscar ficheiros segundo o seu nome ou tipo de ficheiro directamente desde o xestor de ficheiros.

Buscar

  1. Abra a aplicación Ficheiros desde a vista de Actividades.

  2. Se sabe que os ficheiros que quere buscar están nun cartafol determinado, vaia a dito cartafol.

  3. Escribe unha palabra ou palabras que saibas que aparecen no nome do ficheiro e mostraranse na barra de busca. Por exemplo, se nomea todas as súas facturas coa palabra "Factura", escriba factura. As palabras coinciden independentemente do caso.

    No lugar de escribir palabras directamente para mostrar a barra de busca, pode premer en Search key symbol da barra de ferramentas ou prema Ctrl+F.

  4. Pode reducir os resultados por data, tipo de ficheiro ou buscando no texto completo do ficheiro ou buscando só no nome dos ficheiros.

    Para aplicar filtros, seleccione o botón do menú despregable situado á esquerda da icona Search key symbol do xestor de ficheiros e escolla entre os filtros dispoñíbeis:

    • Cando: Canto quere buscar cara atrás?

    • Qué: Cal é o tipo do elemento?

    • Search: Should your search include a full-text search, or search only the file names?

  5. Para eliminar o filtro, seleccione X ao lado da etiqueta do filtro que quere eliminar.

  6. Pode abrir, copiar, eliminar ou traballar cos seus ficheiros desde os resultados de busca, igual como se estivera en calquera cartafol no xestor de ficheiros.

  7. Prema en Search key symbol na barra lateral de novo para saír da busca e volver ao cartafol.