Estabelecer o tempo para apagar a pantalla
Para aforrar enerxía, pode axustar o tempo antes de que se apague a pantalla cando deixe o seu computador sen uso. Tamén pode desactivar esta característica por completo.
Para estabelecer o tempo para apagar a pantalla:
Abra a vista de Actividades e comece a escribir Enerxía.
Prema Enerxía para abrir o panel.
Use a lista despregable Pantalla en branco en Opcións de aforro de enerxía para definir o tempo ata que a pantalla quede en branco, ou desactivar completamente o baleiro.
Cando o seu computador non fai nada, a pantalla bloquearase automaticamente por razóns de seguridade. Para cambiar este comportamento vexa A pantalla bloquéase demasiado rápido.