Porqué a pantalla escurece logo duns segundos?
Se é posíbel configurar o brillo da súa pantalla, esta escurecerase cando o computador esté ocioso para aforrar enerxía. Cando comece a usar o seu computador de novo subirá o brillo da pantalla de novo.
Para evitar que a pantalla se escureza sola:
Abra a vista de Actividades e comece a escribir Enerxía.
Prema Enerxía para abrir o panel.
Desactive Escurecer pantalla na sección Opcións de aforro de enerxía.
A pantalla sempre esmorecerá e atenuarase de forma máis agresiva ao escoller o modo de enerxía "Aforro de enerxía". Se non quere que a pantalla se atenue en absoluto, selecciona o modo de enerxía "Equilibrado".