Ampliar o área da pantalla
Magnificar a pantalla non é simplemente aumentar o tamaño do texto. Esta característica é como ter unha lupa que pode mover aumentando partes da pantalla.
Abra a vista de Actividades e comece a escribir Accesibilidade.
Prema en Accesibilidade para abrir o panel.
Seleccione a categoría Ampliación para abrila.
Active Ampliación de escritorio.
Pode moverse na área da pantalla. Movendo o rato polos bordos da pantalla, pode mover a área magnificada en diferentes direccións, permitíndolle ver a área da súa elección.
Pode activar a ampliación de forma rápida premendo na icona de accesibilidade desde a barra superior e seleccionando Ampliación.
Pode cambiar o factor de magnificación, o seguimento do rato e a posición da vista magnificada na pantalla. Pode axustalos na sección Magnificador.
Para activar o punto de mira para axudarlle a atopar o rato ou punteiro da área táctil. Pode activala, axustar a súa largura, cor e grosor desde a sección Punto de mira.
Pode trocar o vídeo de cores invertidos, e axustar as opcións de brillo, contraste e escala de grises do magnificador na sección Filtros de cor. A combinación destas opcións é útil para as persoas con visión reducida, calquera grao de fotofobia ou simplemente para usar o seu computador baixo condicións adversas de iluminación.