Engadir un novo reloxo dunha cidade
Engada unha cidade aos seus reloxos mundiais para ver a hora do día ou noite en dita cidade. Tamén poderá comprobar se está na alba ou no solpor para cada unha das cidades que engada.
Prema o botón Mundo.
Prema o botón + ou Ctrl+N para engadir unha nova cidade.
Comece a escribir o nome da cidade na busca.
Seleccione a cidade correcta ou a localización máis cercana a vostede desde a lista.
Prema Engadir para rematar de engadir a cidade.
Se non ve a súa cidade na lista probabelmente non estea dispoñíbel neste momento. Debería probar engadindo a cidade cercana máis grande ou a capital do seu pais no lugar.
O reloxo da súa localización actual engadirase automaticamente aos seus reloxos mundiais cando se conecte a Internet. Non se mostrará se vostede está desconectado de Internet e actualizarase automaticamente cando leve o computador a unha cidade distinta.