Mida os seus mellores tempos

Use o cronómetro para medir o tempo que lle leva completar diferentes partes dunha tarefa mentres fai un seguimento do tempo total que leva toda a tarefa. Normalmente isto é usado polos atletas para medir o tempo de cada volta e o tempo da distancia completa. Ao medir cada volta, poden saber se a súa velocidade cambiou de volta a volta.

  1. Prema o botón Cronómetro.

  2. Prema Comezar para iniciar o cronómetro.

  3. Despois de completar unha fase da tarefa:

    • Prema Volta para gravar o final da primeira fase e comezar a medición da seguinte.

    • Prema Pausar para pausar o cronómetro e Continuar cando estea listo para volver a medir a tarefa.

Pode usar o botón Limpar para reiniciar o cronómetro cando estea parado.

Os tempos das súas voltas e o total perderanse cando reinicie o cronómetro ou reinicie Reloxos.